SERVIZOS A COMPRADORES
En VIVALIA Consultora Inmobiliaria somos conscientes do esforzo que supón a busca dun inmoble, polo que os nosos servicios están deseñados e enfocados para reducir os problemas xerados nestas situacións.
As principais vantaxes que desde VIVALIA Consultora Inmobiliaria ofrecemos ós nosos clientes son, entre outras:
- Comodidade de busca. Definimos co cliente os seus intereses e desexos e realizamos buscas na nosa carteira propia e no mercado ata dar cos inmobles máis axeitados ó seu perfil. Así mesmo, poñemos á disposición dos nosos clientes un servizo de alertas por email ó que se pode acceder mediante unha sinxela subscrición.
- Facilidades de tramitación. Buscamos as mellores opcións de financiamento para cada caso en particular e asesoramos ós nosos clientes desde a identificación de inmobles ata a sinatura de escrituras de propiedade e calquera detalle que xurda unha vez xa entregado o inmoble.
- Profesionalidade. En VIVALIA Consultora Inmobiliaria valoramos altamente o tempo dos nosos clientes e esforzámonos por optimizar a información e as opcións ofrecidas en cada encontro.
Para a súa comodidade, elaboramos unha
GUÍA DO COMPRADOR,
e a seguinte CALCULADORA DE HIPOTECAS, a través da cal vostede poderá calcular a
cuota mensual aproximada a pagar sobor dun préstamo hipotecario en función do importe da hipoteca,
o prazo e o tipo de xuro aplicábel.
Contacte connosco describíndonos o inmoble que está buscando e déixese asesorar por VIVALIA Consultora Inmobiliaria sen ningún tipo de compromiso. Informarémoslle sobre inmobles que encaixan coas súas demandas.
SERVIZOS A VENDEDORES
En VIVALIA Consultora Inmobiliaria axudarémoslle a atopar comprador á propiedade que vostede decidiu vender e asesorarémolo coas xestións necesarias a tal efecto.
A transacción dunha propiedade inmobiliaria é un asunto aparentemente fácil, pero que pode ter complicacións se non se tiveron en conta elementos moi importantes que lle atinxen como vendedor. En VIVALIA Consultora Inmobiliaria valoramos altamente o tempo dos nosos clientes e esforzámonos por optimizar a información e opcións que lles son ofrecidas en cada encontro.
- Valoración do inmoble. Tomando como base a nosa ampla carteira de inmobles completamente actualizada, axudámoslle na estimación dun prezo de venda, sen ter que recorrer de entrada a taxacións ou valoracións cun custo considerable.
- Busca de compradores. Tanto nas nosas oficinas coma a través da nosa páxina web e mediante campañas publicitarias, buscamos un comprador para o seu inmoble.
- Asesoramento continuo. Unha vez encontrado o cliente, acompañámolo na tramitación de todo o proceso de compravenda da propiedade.
Para a súa comodidade, elaboramos unha pequena
GUÍA DO VENDEDOR.
En VIVALIA Consultora Inmobiliaria, estaremos siempre encantados de ayudarle.
Contacte connosco e déixese asesorar por VIVALIA Consultora Inmobiliaria sen ningún tipo de compromiso. Informarémoslle sobre a mellor maneira de atopar comprador ó seu inmoble.
SERVIZOS A INVERSORES
O mercado inmobiliario segue a ofrecer interesantes rendabilidades e opcións de investimento.
En VIVALIA Consultora Inmobiliaria vimos desenvolvendo un crecente número de operacións urbanísticas con todo tipo de investidores, que abarcan un amplo espectro, desde a rehabilitación e reforma de edificios ata proxectos de urbanización e xestión de solo. No ámbito de investidores, desde VIVALIA Consultora Inmobiliaria ofrecemos servizos inmobiliarios integrais que abarcan as seguintes liñas:
- Xestión de solo e urbanística
- Asesoramento en arquitectura e reformas
- Nova promoción
- Xestión internacional
Mantemos un constante contacto co mercado para identificar as mellores oportunidades e ofrecer ós nosos clientes a propiedade idónea de investimento. Sempre cun trato personalizado, eficiente e profesional.
Contacte connosco e déixese asesorar por VIVALIA Consultora Inmobiliaria sen ningún tipo de compromiso. Informarémoslle sobre oportunidades de investimento que se adecúen ás súas preferencias.

|